Nacemento:
Morte:
Labrego e mineiro, 25 anos. Casado. Veciño de Viveiro (Lugo).
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Ingresado no cárcere de Lugo o día 26/07/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar (ocupación de armas e explosivos), na causa 212/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 13/03/1937. Procesaron en novembro de 1936 a varios veciños das zonas de Viveiro e Ourol.
Condenaron á pena de morte a: Balbino Cerdeiras Rey e José Vázquez Liz; cadea perpetua para: Francisco Álvarez Parapar, José Canoura Iglesias, Jesús Carrodeguas Franco, Ricardo Casabella Martínez, Ángel Castro Rábade, José Chao Rouco, Ricardo Corbelle Ramos, Jesús Cruz Lage, Domingo García Chao, Modesto González Trasancos, Francisco López Insua, Vicente Novoa Rego, Antonio Pardo Prieto, Celestino Pérez Bermúdez, José-María Rivera Quintana, Generoso Rivera Rubal e Jesús Rivera Rubal; sentenciaron a 20 anos a: Miguel Eiroa Marful e Ramón Viñas Corredoira; 15 anos de cadea para Manuel Álvarez Parapar; 12 anos de castigo para: José-Manuel Agüeira Meitín, Amador Iglesias Pardo e José Rodríguez Camba. Tamén ingresaron na cadea a José López Martínez.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 23/08/1940.
Despois de ser axente de enlace da guerrilla antifranquista, no ano 1947 formou parte do grupo de Leonardo Gómez Pérez, Trancas. Máis tarde pasou ao Destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.
Ao seu destacamento rodeouno a Garda Civil o día 31/10/1949 en Pazos; despois de moitas horas de combate cesou a resistencia e os cadáveres de sete guerrilleiros apareceron na escena do enfrontamento.
Chao Rouco acubillábase con seis compañeiros en Pazos, na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela. Faleceu con Antonio López Arias, Canín; Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; José Temblás Paz, Temblás; Juan Freire Barcia; Rogelio Alonso Corral e José Remuiñán Barreiro, Ricardito (primeiro identificado como Juan Gabeiras Barro) nun enfrontamento coa Garda Civil. Tres destes guerrilleiros teríanse suicidado.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial de Ferrol por agresión á forza armada, na causa 382/49, co resultado de sentenza de sobresemento por morte anterior.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.