← Volver atrás

Castro Rábade, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 22/09/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 30 anos. Casado. Veciño de San Cibrao de Vieiro, Viveiro. Traballaba no xacemento de ferro das minas de ferro da Silvarosa, Viveiro.

Militante do Partido Galeguista (PG) desde primeiros de 1933. Militante da CNT.

Encarcerado. Morte na cadea.

Participou en Viveiro na oposición ao movemento golpista polo que o prenderon a finais de agosto.

Ingresado no depósito de Viveiro o día 20/09/1936 e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo no mes de novembro de 1936 polo delito de rebelión militar (ocupación de armas e explosivos), na causa 212/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 13/03/1937. Procesaron a varios veciños das zonas de Viveiro e Ourol.

Condenaron á pena de morte a Balbino Cerdeiras Rey e a José Vázquez Liz; cadea perpetua para: Francisco Álvarez Parapar, José Canoura Iglesias, Jesús Carrodeguas Franco, Ricardo Casabella Martínez, Ángel Castro Rábade, José Chao Rouco, Ricardo Corbelle Ramos, Jesús Cruz Lage, Domingo García Chao, Modesto González Trasancos, Francisco López Insua, Vicente Novoa Rego, Antonio Pardo Prieto, Celestino Pérez Bermúdez, José-María Rivera Quintana, Generoso Rivera Rubal e Jesús Rivera Rubal; sentenciaron a 20 anos a: Miguel Eiroa Marful e Ramón Viñas Corredoira; 15 anos de cadea para Manuel Álvarez Parapar; 12 anos de castigo para: José-Manuel Agüeira Meitín, Amador Iglesias Pardo e José Rodríguez Camba. Tamén ingresaron na cadea a José López Martínez.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

O día 06/03/1939 trasladárono ao cárcere das Palmas de Gran Canaria e despois á Prisión Provincial da Coruña, xa moi enfermo.

Morte rexistrada no Hospital de San Martiño, na Coruña.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha