← Volver atrás

Sar Lantes, Rosendo

Alcume: Rosendo de Alvedro
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

San Xián de Almeiras, Culleredo
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Almeiras
- 05/05/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 27 anos. Casou con Dolores Bermúdez Lamas; tiveron un fillo: Manuel. O seu pai era o presidente da Sección de Unión Mutualista Campesiña de Almeiras.

Fuxido.

Mobilizado polos fascistas no Rexemento de Artillería Lixeira nº 15, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica, ata xuño de 1939.

O día 07/05/1948 incorporouse á guerrilla, no Destacamento Manolito Bello.

Neste Destacamento Manolito Bello estiveron, entre outras persoas: José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Manuel Ramiro Souto, Souto; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro; Carmen Temprano Salorio. O seu campo de acción desenvolvíase en Ordes e A Coruña.

Participou no incendio do Concello de Abegondo (A Coruña).

Xa a finais de 1948 integrouse no Destacamento Arturo Cortizas, que dirixía Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche.

Por este destacamento pasaron os fuxidos: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; Rogelio Alonso Corral; Benigno Andrade García, Foucellas; José Chao Rouco, o Benita; Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel; Juan Gallego Abeledo, Juan dos Buzos, Comandante; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso; Juan González Martínez, Perucho, Pinocho; Antonio López Arias, Canín; Francisco Martínez Leira, Pancho; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro, e José Temblás Paz, Temblás.

Foi un dos guerrilleiros que habitualmente se agocharon na casa da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), que era da propiedade de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia e gran apoio da xente da guerrilla.

Cando a finais do ano 1948 a guerrilla decidiu construír unha base cerca da Cernada, Rosendo foi un dos que escolleu o emprazamento, con Juan Freire Barcia e José-Antonio Castro López, Tucho. As obras de construción do refuxio dirixíronas Tucho, Juan Freire e Foucellas, que tiña boa man para estas cousas.

Enfermo, Manuel Sánchez, veciño de Amande, Santiago de Bascoi, Mesía (A Coruña), levouno ao monte para agochalo e facilitoulle comida. Denunciárono á Garda Civil, pero alguén o avisou e puido escapar. Agochouse nunhas covas en Xabariz (Cabanas) e na casa dun veciño de San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña).

En maio de 1951 acompañou a Foucellas para formar a base de Santa María da Regueira, Oza-Cesuras (A Coruña), onde permaneceron ata febreiro de 1952, cando marcharon cara Curtis con Manuel Vilar Arnoso, Manolito. Despois da caída dos seus compañeiros, entregouse en xullo de 1952.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 23/01/1953 polo delito de vandalismo, na causa 138/52, co resultado de sentenza a 24 anos de prisión.

Segundo sinala Bernardo Máiz, matouno a Garda Civil no ano 1951.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.