Nacemento:
Morte:
Garda civil, 17 anos. Veciño de Viveiro (Lugo).
Represor.
Durante a guerra civil foi voluntario no exército franquista desde febreiro de 1938. En 1941 alistouse na División Azul e en 1943 ingresou na Garda Civil.
Era un especialista do terror, especializado na loita contra a guerrilla, nas contrapartidas e cun longo historial represivo en Aragón, en Valencia, no Principado de Asturias, en Cantabria, en Andalucía, en Galicia, en Cataluña... En todos estes destinos deixou un regueiro de sangue.
A Garda Civil conseguiu infiltrar un membro das contrapartidas no grupo de Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos, empregando a mediación dun dos seus colaboradores máis próximos.
A Garda Civil e a Policía Armada, alertados da súa presenza en Lourenzá, montaron unha redada na casa dun enlace. As forzas represoras, pertencentes á Brigadilla Político-Social de Viveiro (Lugo) estaban baixo as ordes do policía Sebastián Fernández Rivas, da Brigada de Investigación Criminal de Madrid e do xefe da brigadilla da Garda Civil en Boveda (Lugo), o cabo Antonio Morado Rico.
Cando Luis-María Trigo e a súa compañeira Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez, de 20 anos, que viñan da festa do San Xoán, chegaron, metralláronos no xardín da casa. Antonia morreu cos primeiros tiros, pero Luis-María mantivo o tiroteo catro horas, ata que o mataron. Era o día 25/06/1948.
Como consecuencia desta acción caeron 40 enlaces da zona de Lourenzá.
Un mes máis tarde os seus homes tamén asasinaron a Leonardo Gómez Pérez, Trancas.
O día 02/10/1948 dirixiu a operación de caza de José-María Porto Lestegás e Benedicto Escourido Cobo; o primeiro quitouse a vida despois de horas de combate e a Benedicto prendérono, torturárono durante unha semana e asasinárono.
As contrapartidas de Morado Rico tamén eliminaron o día 21/06/1949, na bouza do Forcón, Pena Grande, Santo Estevo de Silán, Muras (Lugo) a partida guerrilleira que formaban Juan Gallego Abeledo, o Comandante; Celia González Pernas, Celia da Ferreiría; Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro; José Pedreira de la Iglesia, Queimarán (algúns investigadores sinalan que era Manuel Clavero de la Iglesia o morto e non Queimarán), e María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa.
Entre outros dos seus axentes do mal, mencionar aos gardas civís: Víctor Fernández Sanmartín, José Iglesias Campo, Antonio Nogueiras Fernández, Manuel Pulido Vázquez, Serapio Rodríguez Alvite e Andrés Sánchez Yáñez.
Moitas testemuñas das zonas de Muras, Ourol, O Vicedo e Viveiro, na provincia de Lugo, nenos nos anos corenta e cincuenta, sinalan que o nome de Antonio Morado aínda mete medo, que tal home non debía ter nacido e non ten dereito ao descanso.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.