← Volver atrás

Escourido Cobo, Benedicto

Alcume: Benedicto da Lúa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Atián do Medio, San Pedro de Miñotos, Ourol
(Lugo)
- 31/03/1928 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Leborín, San Pedro de Miñotos, Ourol
(Lugo)
- 02/10/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e músico, 8 anos. Fillo de solteira de María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa. Tocaba o baixo na orquestra Miñotos.

Fuxido. Executado.

Despois do triunfo golpista xa non durmía na casa senón na dalgún amigo.

Enlace do grupo de José Vázquez Gómez, Ubaldo. Despois da morte de Ubaldo o 12 de novembro de 1947, integrouse na guerrilla. No mes de decembro prodúcese unha reorganización en dous grupos guerrilleiros. Benedicto da Lúa pasa ao grupo que dirixe José Temblás Paz, Temblás, e no que figuran, entre outras persoas, Manuel Insua e Plácido Rivera Cociña, Plácido.

Capturado nun enfrontamento coa Garda Civil, no que tamén participaba José-María Porto Lestegás, Herbellas, o día 02/10/1948 nos montes de Leborín. Feridos por disparos dunha metralladora, permaneceron varias horas agochados ata que os gardas trouxeron os cans e os alumearon cons focos do coche de liña de Galera.

Porto Lestegás gastou a munición fronte aos represores e suicidouse coa última bala. A Benedicto prendérono e torturárono para que descubrira a cova da estrada de Silán a O Viveiró, que se empregaba como depósito de armas dos fuxidos. Alí non atoparon armas pero si fotos e outra información sobre Celia González Pernas, Celia da Ferraría, e sobre María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, a súa nai.

Moi mal ferido, a patrulla da Garda Civil xantou no Salón do Carme de Abaixo, Miñotos. Cando viñan de volta pola estrada o xefe da Benemérita pegoulle dous tiros e matouno.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha