← Volver atrás

González Pernas, Celia

Alcume: Celia da Ferraría
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Xarraldo, Santo Estevo de Silán, Muras
(Lugo)
- 12/03/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Forcón, A Pena Grande, Silán
- 21/06/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 18 anos. Veciña da Ferraría, Silán, onde vivía coa súa nai e un tío. Semella que era filla de solteira.

Fuxida. Morte en enfrontamento.

Enlace da guerrilla, na súa casa acubillaban a guerrilleiros antifranquistas. A caída de José-María Porto Lestegás, Herbellas, e Benedicto Escourido Cobo, Benedicto da Lúa, precipitou a súa fuxida ao monte.

Participou en xuntanzas de afiliados comunistas, unha delas en outubro de 1947, para reorganizar a estrutura clandestina, responsabilizándose da apertura e control das estafetas do partido.

A Garda Civil queimoulles a súa casa e detivo á súa nai.

A finais de xuño de 1949 agochábase, cos restos do Destacamento Segundo Vilaboy da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), nunha cabana entre matogueiras no Forcón. O dito lugar arrodeouno a Garda Civil.

A Celia González Pernas abatérona nun enfrontamento coa Garda Civil no Forcón, o día 21/06/1949, nos primeiros momentos do combate. Alertados polos tiros, Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, xefe do destacamento, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, saíron da cabana e pronto acabaron mortos. Quedaban dentro do refuxio José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana (algúns investigadores sinalan que era Manuel Clavero de la Iglesia o morto e non Queimarán), e María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, quen contestaron ao ataque e os represores incendiaron a cabana con bombas de man, morrendo entre as lapas os últimos do destacamento.

Certos autores dubidan de que o guerrilleiro morto polas lapas fora Queimarán.

Celia, situada fóra da cova cando se iniciou o cerco, cae morta no primeiro intercambio de disparos. Atopábase embarazada de oito meses, dicían que de José Temblás Paz, Temblás, o seu compañeiro e mozo de vello, que era o xefe do grupo pero que aquel día non se achaba na zona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha