← Volver atrás

Porto Lestegás, José-María

Alcume: Herbellas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

O Valadouro
(Lugo)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Leborín, San Pedro de Miñotos, Ourol
(Lugo)
- 02/10/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 28 anos. Casado. Veciño de Viveiro (Lugo), onde traballaba de panadeiro.

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Arrestárono e ingresárono no depósito de Viveiro (Lugo) o día 08/09/1936; despois trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 839/36, co resultado de sentenza a 15 anos de reclusión temporal segundo resolución do día 30/10/1936.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a Manuel Timiraos Cervo; a 15 anos de cadea a: Antonio Hermida Díaz, Rogelio Pena Rivera e José-María Porto Lestegás; tamén condenaron a prisión a Primitivo López Lastra.

Enviado á Prisión Central de Burgos o día 10/12/1936.

Interno na Prisión Central de Celanova (Ourense), puxérono en liberdade condicional provisoria o día 16/10/1941, que se publicou no BOE nº 300 do día 27/10/1941.

Cando saíu do cárcere instalouse en Ourol e rexentou unha panadería na Praza da Fontenova; era a única licenza industrial que había en Ourol. Tamén era tratante de gando para a carnicería da súa irmá, que tamén tiña outra panadería.

Logo de pasar polo cuartel de Viveiro como arrestado por colaborador da guerrilla antifranquista, botouse ao monte e incorporouse aos grupos de guerrilleiros.

Abatérono nun enfrontamento coa Garda Civil, no que tamén participou Benedicto Escourido Cobo, Benedicto da Lúa, o día 02/10/1948 nos montes de Leborín; a Benedicto prendérono. Feridos por disparos dunha metralladora, permaneceron varias horas agochados ata que os cans da Garda Civil e os faros do coche de liña de Galera os cercaron. José gastou a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas; comeu os documentos con información da partida e os cartos que levaba con el. Despois de lanzar unha granada, suicidouse coa última bala.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha