Nacemento:
Morte:
Gardarríos, 44 anos. Casou o 20/07/1918 coa súa veciña Josefa Penabad Bouza; tiveran un fillo: Luis-Herminio en agosto de 1914; logo naceron Jesús (1919), Digna (1920) e María (1922). No ano 1922 Luis Marchou para a Bos Aires (República Arxentina), non ían ben as cousas coa súa dona; emigrou seguindo os pasos de Encarnación Loureiro Chao, a que coñecía da adolescencia. Volveron e no 1930 tiveron un fillo, Jorge. Anos máis tarde foi compañeiro de Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez, morta con el en enfrontamento.
Veciño de Santa María de Viloalle, Mondoñedo (Lugo). Moi novo emigrou a Cuba, no ano 1909, onde traballou na hostalaría e nunha fábrica de mobles. Cando volveu da República Arxentina estableceuse en Santa María de Viloalle, Mondoñedo (Lugo); en 1930 era gardarríos da Sociedade Protectora de Caza e Pesca de Mondoñedo.
No ano 1931 participou na constitución formal da Agrupación Socialista (AS) de Mondoñedo, da que era presidente a finais dese mesmo ano, cargo no que se mantivo ata xullo de 1936. Membro da UXT. Concelleiro de Mondoñedo. Tamén traballou como dirixente da Federación de Traballadores da Terra nesta localidade.
Como consecuencia da súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, encarcerárono.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois do golpe militar arrestárono con outros veciños de Mondoñedo; permaneceron retidos do 16/10/1936 ao 24/12/1936.
Xulgado na Coruña por un tribunal militar co resultado de sentenza de absolución.
Marchou para o monte no ano 1937 e mantívose en agochos nas casas dos amigos. Participou nas primeiras tentativas para crear unidades guerrilleiras.
No mes de novembro de 1938 o Gardarríos, despois de estar en contacto cos irmáns Amandino Neira Fernández e José Neira Fernández, o Neira, formou a Agrupación Tchapaief (ou Agrupación Chapa) na bisbarra de Ortegal e a Mariña, na provincia de Lugo; a primeira agrupación guerrilleira de Galicia.
Por esta agrupación pasaron, entre outras persoas: Mozart Campoamor García, Pin; Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez; Germán Méndez García; Víctor Otero, o Valiño; Arcadio Pardo Boas; Venancio Seoane Bouso, Pasos Largos, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Actuaban nas bisbarras de Ortegal e na Mariña lucense. A súa actividade guerrilleira comezou en 1939 no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 659/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 15/09/1942.
Neste xuízo condenaron a prisión temporal a Demetrio Alonso González; declararon fuxidos a: Evaristo Candelas Pérez, José Castro Soto, Ramón Domínguez Gándara, José Fernández Formoso, Antonio Molins Valls, José Neira Fernández, Antonio Otero Rodríguez e Luis-María Trigo Chao. Tamén procesaron a: Ceferino Fernández Formoso, Enrique Fernández González, Amandino Neira Fernández e Leandro Sánchez Iglesias.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco e asasinato, na causa 303/40, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 18/01/1941.
Condenaron a cadea perpetua a Germán Méndez García; sentenza a prisión para Pedro Canoura Fernández; sentenzas descoñecidas para os irmáns José Val Veiga e Purificación Val Veiga. Declararon fuxido a Luis-María Trigo Chao.
Mantivo contactos co Grupo Neira, pero manténdose en solitario nunha pequena zona preto da Serra de Meira; non aceptou o control do PCE. En ocasións actuou en compañía de Venancio Seoane Bouso e de Víctor Otero, o Valiño.
Acusado polas autoridades de ser o autor do axustizamento en Abadín (Lugo) do xefe falanxista de Lugo José Viador Traseira, o día 09/04/1940, no Pico da Lebre, Estelo, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo. Tamén se lle atribúe a morte de Eladio Teijeiro, represor que atormentara a comarca de Foz (Lugo). Nestes asasinatos non está probada a súa participación.
Actuou case sempre en solitario e nalgunhas ocasións acompañado de Perfecto Requeijo Rouco, o Tarrelo, e Roberto Alonso Díaz, o Barbas.
Xulgado en consello de guerra en Lugo por atraco a man armada na causa 426/44.
Neste xuízo procesaron a: Eloy Castro Dorrego, Maximino García González e Luis-María Trigo Chao.
Na súa partida conseguiu infiltrarse un membro das contrapartidas por medio dun dos colaboradores máis próximos do Gardarríos.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de roubo, na causa 537/46, co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do día 11/10/1946.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de bandoleirismo na causa 616/48.
A Garda Civil e a Policía Armada, alertados da súa presenza en Lourenzá, montaron unha redada na casa dun enlace; as forzas represoras, pertencentes á Brigada Político Social de Madrid, estaban baixo as ordes do policía Sebastián Fernández Rivas, da Brigada de Investigación Criminal de Madrid e polo xefe da brigadilla da Garda Civil de Viveiro, Antonio Morado Rico.
Cando Luis e a súa compañeira Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez, de 20 anos, que viñan da festa do San Xoán de Ove, Ribadeo, chegaron a unha casa de apoio en Vilanova e metralláronos no xardín da casa. A Antonia malferírona de gravidade cos primeiros tiros, pero Luis Chao mantivo o tiroteo catro horas, ata que o mataron. A moza tivo unha longa agonía e apareceu cribada a balazos, segundo o informe forense.
Como consecuencia desta acción caeron 40 enlaces da zona de Lourenzá e a unhas 200 persoas de Mondoñedo, Foz e Lourenzá detivéronas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.