← Volver atrás

Seoane Bouso, Venancio

Alcume: Pasos Largos
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Riotorto
(Lugo)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santo Estevo de Valcarría, Viveiro
(Lugo)
- 23/10/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 28 anos. Solteiro. Veciño de Madrid.

Militante do PCE.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Activo na clandestinidade desde o ano 1938.

No mes de novembro de 1938 Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos, formou a Agrupación Tchapaief (ou Agrupación Chapa) na bisbarra de Ortegal e a Mariña luguesa, na provincia de Lugo; a primeira agrupación guerrilleira de Galicia.

Por esta agrupación pasaron, entre outras persoas: Mozart Campoamor García; Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez; Germán Méndez García; Víctor Otero, o Valiño; Arcadio Pardo Boas; Venancio Seoane Bouso; e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Actuaban nas bisbarras de Ortegal e na Mariña lucense. A súa actividade guerrilleira comezou en 1939 no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 29/12/1939 e trasladado a cárceres de Madrid o día 16/04/1940.

No ano 1946 racha co grupo de Luis-María Trigo e sumouse a guerrilla comunista do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Pertenceu ao grupo de Jesús-María Iglesias Escourido, o Tizón, con Leonardo Gómez Pérez, Trancas, e José Balea, entre outras persoas.

Morre no monte nun enfrontamento coas forzas represoras da Garda Civil no ano 1948.

Por mor do seu pasamento o Tribunal Militar Territorial de Lugo incoou a causa 589/48, que rematou co resultado de sentenza de sobresemento segundo resolución do día 30/11/1948.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha