← Volver atrás

Méndez García, Germán

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

San Martiño de Figueiras, Mondoñedo
(Lugo)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

El Dueso, Santoña
(Cantabria)

Biografía

Carpinteiro, 29 anos. Solteiro. Veciño de Figueiras.

Encarcerado. Morte na cadea.

No mes de novembro de 1938 Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos, formou a Agrupación Tchapaief (ou Agrupación Chapa) na bisbarra de Ortegal e a Mariña, na provincia de Lugo; a primeira agrupación guerrilleira de Galicia.

Por esta agrupación pasaron, entre outras persoas: Mozart Campoamor García; Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez; Germán Méndez García; Víctor Otero, o Valiño; Arcadio Pardo Boas; Venancio Seoane Bouso; e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Actuaban nas bisbarras de Ortegal e na Mariña lucense. A súa actividade guerrilleira comezou en 1939 no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro, Ribadeo, O Valadouro e Mondoñedo.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 08/06/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco e asasinato, na causa 303/40, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 18/01/1941.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Germán Méndez García; sentenza a prisión para Pedro Canoura Fernández; sentenzas descoñecidas para os irmáns José Val Veiga e Purificación Val Veiga. Declararon fuxido a Luis-María Trigo Chao.

Trasladárono ao cárcere de Santiago de Compostela (A Coruña) o día 07/05/1945.

Preso no penal de El Dueso, onde se rexistra a súa morte a finais dos anos cincuenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha