← Volver atrás

Castro Dorrego, Eloy

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Páramo
(Lugo)
- 10/09/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 21/06/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 35 anos. Casado con María de los Dolores Casabella Santos; tiveron tres fillas e catro fillos: Ana-María, Nestor, Eloy, Enma, Samuel, María del Carmen e Jesús. Veciños Alfoz (Lugo).

Secretario en 1931 do Comité Republicano do Valadouro e Alfoz. Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade. Alcalde de Alfoz en 1936 por ER, dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Despois da sublevación dos militares rebeldes detivérono en agosto de 1936.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 24/10/1937, trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o 04/11/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 10/04/1938 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 119/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.

Detido de novo en outubro de 1944 acusado de axudar ao Grupo de Gardarríos.

Xulgado en consello de guerra en Lugo, o día 26/06/1947, polo delito de auxilio a bandas de atracadores na causa 426/44, co resultado de sentenza a tres anos de cadea.

Neste xuízo procesaron a: Eloy Castro Dorrego, Maximino García González e Luis-María Trigo Chao.

Deixárono en liberdade condicional o día 15/02/1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha