← Volver atrás

Alonso Díaz, Roberto

Alcume: o Barbas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cienfuegos
(Cuba)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 01/01/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 23 anos. Veciño de Vilalba (Lugo). Fillo de emigrantes galegos de Vilalba, naceu en Cuba.

Executado.

Durante a guerra civil acadou o grao de sarxento no exército republicano; evadírase das tropas golpistas.

Coa caída da Fronte Norte en outubro de 1937 botouse ao monte e incorporouse á guerrilla desde a primeira hora, aínda que non aceptou ningún tipo de disciplina partidaria.

Organizou o seu propio grupo guerrilleiro con base na Serra de Meira e que actuaba polo leste da provincia de Lugo, entre Mondoñedo e Vilalba. Tiña como lugartenente a Perfecto Requeijo Rouco, o Tarrelo; os dous acompañaron en algunha ocasión a Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.

En outubro de 1946 a Benemérita descubriu varios apoios do seu grupo en Abadín (Lugo) e prenderon a nove persoas entre guerrilleiros e enlaces. Roberto fuxiu a Lugo, onde o prenderon en xaneiro de 1948 por mor dunha delación.

Sometérono a torturas para que revelase onde se agochaban os homes da súa partida e logo matárono na comisaría de Lugo.

Da información que obtiveron os gardas, prenderon ao seu lugartenente Perfecto Requeijo Rouco e a tres enlaces.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha