Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 28 anos. Solteiro. Veciño de Rilo.
Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en Mugardos.
Encarcerado.
Cando se produce o alzamento sedicioso, con varios veciños, participou no asalto ao Pazo de Piñeiro o día 21/07/1936 na procura de armas; no tiroteo cos moradores morreu un dos donos e un crego. Prendérono os franquistas.
Xulgado no ano 1936 en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 379/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Interno na Prisión Provincial de Oviedo (Principado de Asturias), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 85 do día 25/03/1944.
Saíu da cadea e comezou a traballar na industria Pequerías y Saladeros de Bacalao de España (PYSBE) en Ferrol.
No ano 1946 establécese como vendedor ao por maior de chatarra facendo frecuentes viaxes entre Galicia e a fronteira con Francia.
Compañeiro no PG de Manuel Gómez Varela, Fera Brava, Manolo do Penso, que o puxo en contacto coa guerrilla antifranquista.
Foi enlace da resistencia antifranquista e incorporouse á guerrilla no ano 1947, no Destacamento Arturo Cortizas, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que comandaba Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche. Transportaba propaganda e armas ao acubillo da compra-venda. Acompañábao en ocasións nesta labor Clementina Gallego Abeledo.
En outubro/decembro de 1947 introduce na guerrilla ao axente infiltrado Alejo-Pablo Mora García.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 40/48 por rebeldía.
Detido en xullo de 1948 en Irurtzun (Navarra) con Clementina Gallego Abeledo, cando conducía un camión de chatarra no que ían agochadas armas con destino a Galicia; dous subfusís, oito metralladoras, dúas pistolas e 2000 cartuchos.
Xulgado o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura Ramón Rivas Martínez e co resultado de sentenza a cadea perpetua
As sentenzas foron as de pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Villanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefa González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Tamén procesaron outros enlaces.
Saíu da cadea no ano 1966.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.