← Volver atrás

Bartrina Villanueva, José

Alcume: José Moreno Borso, Eleuterio
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Valencia
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Burgos
- 23/12/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 30 anos. Casado coa profesora Presentación Campos Pérez (Valencia). Médico especialista en uroloxía. Axudante de clases prácticas na Universidade de Valencia no ano 1935.

Militante do PCE desde 1936.

Encarcerado. Morte na cadea.

Era médico en Valencia e encadeárono despois do golpe fascista. Logo de cumprir condena, saíu da cadea en 1944 para incorporarse á loita no PCE de Valencia; sabendo que ían tras del, nese mesmo ano trasladouse a Madrid, onde coñece a José Gómez Gayoso e adicouse ao traballo clandestino na esfera da propaganda, que no 1946 continuou en Galicia. En setembro de 1947 a súa muller volveu a Valencia e José, seguindo ordes de Gayoso, marchou á Coruña con Carmen Orozco Muñoz, coa que se o relacionou sentimentalmente.

No Bar Barlovento da Coruña, o día 10/07/1948, detiveron: Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; Josefa González Cudeiro, José Rodríguez Campos e os axentes de enlace José Ramos Díaz e Juan Martínez Montero. A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, empregando datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García.

Ao secretario xeral do PCE José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e a súa compañeira María Blázquez del Pozo prendéronos ao día seguinte. A información pasada a Garda Civil polo infiltrado Alejo-Pablo Mora García, que provocou a caída de moitos enlaces, resultou vital para estas detencións.

Xulgado o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, Ramón Rivas Martínez.

As sentenzas foron de pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Villanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefa González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Procesaron a outros enlaces.

O xuízo foi unha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, ao que tamén condenaran á pena de morte, conmutáronlla pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) por mor de falta de coidados médicos.

O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.