Nacemento:
Morte:
Xornalista, escritor e político, 46 anos. Casou con Amalia Díaz Lago. Veciños da rúa Sinforiano López, 18, na Coruña. Emigrado en Cuba, regresou a Galicia coa II República.
Militante da CNT.
Colaborou con Solidaridad Obrera, Brazo y Cerebro e Solidaridad, impulsou Orientación e dirixiu Germinal.
No ano 1934 desterrárono á Coruña por un artigo que publicou en El Obrero.
Encarcerado.
Despois do alzamento militar detivérono os franquistas na Coruña o día 05/08/1936 e liberárono aos tres días, volvendo a Valdoviño, onde estivo agochado na cova de Ponte dos Prados, entre as praias de Valdoviño e a de Pantín. Prendeuno a Garda Civil e ingresárono no cárcere de Ferrol (A Coruña) o día 07/06/1937.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 805/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas na Coruña en decembro de 1940 e indultárono no ano 1941.
Interno na Prisión Central de Burgos, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 85 do día 25/03/1944.
Xa en liberdade actuou como enlace da guerrilla antifranquista; denunciouno o infiltrado Alejo-Pablo Mora García e detivérono a finais de 1947; mantivérono en prisión provisoria na agarda do seu xuízo.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña polos delitos de auxilio á rebelión e axuda a bandidos, na causa 40/48, co resultado de sentenza a catro anos de cadea segundo sentenza do día 30/10/1948 e coas accesorias de suspensión de cargo, profesión ou emprego público.
Proceso contra varias persoas e que se vencella ao errado intento do infiltrado Alejo-Pablo Mora García de integrarse nos grupos de fuxidos de Ferrolterra.
Procesaron nesta causa a: Antonio Barreiro Ruiz, Manuel Bastida Franco, José Beceiro Fernández, Sol Bertalo Blanco, Rosa Caridad Bazas, Jaime Castro Rodríguez, Francisco Castro Roibal, José-María Díaz Díaz, Antonio Díaz Pérez, Vicente Díaz Veiga, Emilio Domínguez Cubero, María Dopico Aneiros, José Dopico García, Constantino Fernández Rosado, Juan Gallego Abeledo, José González Díaz, Francisco Graña Sequeiros, Germán López Rodríguez, Benito Paz Teijeiro, José Piñón Paz, Gerardo Pita López, Francisco Ponte Cabana, Alfonso Prados Pita, Francisco Ramos Calvet, Marcelino Rodríguez García, Manuel Rodríguez Sánchez, Daniel Romero López, Juan Romero Ramos, Antonio Sabín Prieto, Emilio Sande López, Silvestre Sanz García, Severino Suárez Ríos e Manuel Vázquez Rodríguez.
Cumpriu a condena na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria), saíndo en liberdade condicional en setembro de 1953.
Volveu a Valdoviño e traballou como perito agrícola.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.