← Volver atrás

Romero Rebón, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

San Pedro de Cervás, Ares
(A Coruña)
- 24/03/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castelo de Hartheim
(Alkoven, Austria)
- 09/02/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 21 anos. Veciño de San Felipe, Ferrol (A Coruña). Mariño da Armada, mariñeiro de 2ª no acoirazado Jaime I.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes o auxiliar 2º naval Antonio Antúnez Aguilar, co resto da mariñeiría, fíxose co control do Jaime I na mañá do día 20 de xullo de 1936, fronte as costas de Portugal; entre outros leais á República contou coa axuda dos auxiliares navais de 2ª Juan Muíños Clavijo, que se fai cargo da derrota do acoirazado cara Tánxer (Marrocos), e de Alejo Aldegunde Dorrego. Antonio Antúnez preside o comité do barco cos cabos electricistas Rogelio Souto Martínez e Fernando Alonso Alonso, cos cabos de artillería Julio Arias Rico e José González Padín e o 3º maquinista José Caneiro Pernas, o fogueiro preferente César Verdeal López e o mariñeiro Carlos Romero Rebón.

Na guerra civil loitou na Armada republicana e despois exiliouse.

Exiliado en Francia despois da contenda española.

Preso dos nazis alemáns en Hohenfels stalag XIII-A (Baviera, Alemaña) e en Moosburg stalag VII-A (Alta Baviera, Alemaña) desde xullo de 1940. Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde ingresou o día 06/08/1940. Trasladado ao sub-campo de Gusen (Austria), onde o internan o 24/01/1941. Recluírono en Hartheim o día 04/02/1942, onde se rexistra o seu pasamento poucos días despois.

A dotación deste acoirazado Jaime I, leal á República, sofre as seguintes represalias dos franquistas:

Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.

Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.

Pena de 12 anos e un día para: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.

Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.

Penas de seis anos de cárcere para: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; os cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; o fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; o auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e o mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.

Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, castigárono a un ano.

Declararon fuxidos a: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.

Deste acoirazado estiveron tamén na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.

Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e puxéronos en liberdade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.