Nacemento:
Morte:
Inventor e militar, 22 anos. Casado. Veciños da Tarela, San Fiz de Nigrán, Nigrán. Mariño da Armada, voluntario desde o 04/09/1934; artilleiro provisorio no acoirazado Jaime I e cabo en novembro de 1937.
Fuxido.
Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non presentarse a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Combateu no exército republicano durante a guerra civil e foi un dos poucos feridos e sobreviventes da sabotaxe en Cartagena (Murcia) do Jaime I o día 17/06/1937. Despois destinárono á Batería Antiaérea nº 2 de Almería e, en agosto de 1938, ao Estado Maior da Flotilla de Vixilancia e Defensa Anti-submarina de Almería.
En abril de 1939 presentouse en Almería ás novas autoridades franquistas e pasou polas cadeas de Almería, Linares (Xaén), campo de concentración de Alcázar de San Juan (Cidade Real), Yeserías (Madrid) e a Prisión Naval da Escollera, en Ferrol.
Deixárono en liberdade o día 07/11/1940.
Ao regresar a Nigrán sufriu o acoso dos seus compañeiros de profesión. Saíu adiante con notorios avances nas artes da pesca; recoñecido por inventar a arte do “casulo” para a captura do polbo.
No ano 1991 recoñecéronlle o grao de capitán de corveta.
A dotación do Jaime I fiel á República sofre as seguintes represalias dos franquistas:
Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.
Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.
Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.
Penas de seis anos de cárcere para: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; os cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; o fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; o auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e o mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.
Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, castigárono a un ano.
Declararon fuxidos a: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.
Deste acoirazado estiveron tamén na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.
Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e deixáronos en liberdade.
Coa chegada da democracia recoñecéronlle o grao de capitán de corveta.
Xubilouse en 1978.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.