← Volver atrás

Chao Pereira, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Neda
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Neda
- 29/08/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 27 anos. Casado con Matilde Touriño Rodríguez. Veciño do Puntal, Santa María de Neda, Neda. Mariño da Armada, buzo de 3ª clase no acoirazado Jaime I.

Membro do Socorro Rojo Internacional (SRI) en Cartagena (Murcia) desde xaneiro de 1938.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe cando se produce a sublevación militar e pásase á Armada republicana. En 1937 pertencía á dotación do Jaime I cando se produce a sabotaxe a este barco en Cartagena (Murcia). Ascendérono a buzo de 2ª.

Ao rematar a guerra civil pasou coa armada republicana a Bizerta (Tunes). Co tempo ingresárono no campo de concentración da Almadraba, en Rota (Cádiz).

Causa aberta en Ferrol polo delito de deserción.

Xulgado en consello de guerra en Cádiz, na causa 494/39, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

A dotación do Jaime I sofre as seguintes represalias dos rebeldes:

Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.

Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.

Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.

Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.

Penas de seis anos de cárcere: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; os cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; o fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; o auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e o mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.

Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, condenárono a un ano.

Declararon fuxidos: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.

Deste acoirazado estiveron na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.

Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e puxéronos en liberdade.

Interno na Prisión Naval Militar de Cuatro Torres, San Fernando (Cádiz), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 272 do día 29/09/1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.