← Volver atrás

Muíños Clavijo, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 30/06/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariño, 31 anos. Mariño da Armada, auxiliar 2º naval, equiparado a alférez de fragata, destinado no acoirazado Jaime I.

Exiliado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes o auxiliar 2º naval Antonio Antúnez Aguilar, co resto da mariñeiría, fíxose co control do Jaime I na mañá do día 20 de xullo de 1936, fronte as costas de Portugal; entre outros leais á República contou coa axuda dos auxiliares navais de 2ª Juan Muíños Clavijo, que se fai cargo da derrota do acoirazado cara Tánxer (Marrocos), e de Alejo Aldegunde Dorrego. Antonio Antúnez preside o comité do barco cos cabos electricistas Rogelio Souto Martínez e Fernando Alonso Alonso, cos cabos de artillería Julio Arias Rico e José González Padín e o 3º maquinista José Caneiro Pernas, o fogueiro preferente César Verdeal López e o mariñeiro de 2ª Carlos Romero Rebón.

A Antúnez nomeárono presidente do comité que presidiu o buque e levouno a Tánxer (Marrocos), onde o relevaron do mando. Ao anterior comandante, Joaquín García del Valle, ofrecéronlle seguir ao mando do buque, pero negouse alegando falta de oficiais.

Juan Muíños permaneceu no Jaime I ata que estoupou en Cartagena (Murcia) o día 20/06/1937. Despois sería comandante político do destrutor Elcano ata o día 01/10/1937, contramestre do destrutor Lepanto ata xuño de 1938 e comandante do gardacostas V-23 ata o día 21/01/1939.

O día 06/02/1939 cruzou a fronteira cara Francia, país onde quedou a vivir.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha