Nacemento:
Morte:
Veciña do Tellado.
Encarcerada.
O día 18/07/1951 finaron Manuel Bastida Franco, o Chone, e Juan Gabeiras Barro, Pico Vello, cando a Garda Civil prendeu lume á casa de María de las Mercedes Balado Freire, no Tellado, na que se atopaban agochados e na que morreron abrasados.
Detida con 42 compañeiros e compañeiras en 1951.
Xulgado en consello de guerra na Coruña, na causa 156/51, por “delitos de actividades comunistas de auxilio a bandoleros”. Acusados de colaboración como enlaces e manter os seus domicilios como bases preto de Ferrol, que os fuxidos e bandoleiros empregaban para albergues e aprovisionamento; construían soterrados e covas que servían de refuxio camuflado; tamén os acusaron de repartir propaganda subversiva do PCE, organizar células e folgas (segundo o que consta no auto).
Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; tamén condenaron a prisión a Antonio Ares Abelleira e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seoane, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.