← Volver atrás

Vázquez Gallego, María-Josefa

Alcume: Fina a Perocha
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

San Vicente de Caamouco, Ares
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada. Veciña de Caamouco. O seu home atopábase no exilio en Francia.

Encarcerada. Exiliada.

Tiña un refuxio na súa casa onde se acubillaron moitos guerrilleiros, entre eles Francisco Rey Balbís, Moncho, e Francisco Martínez Leira, Pancho. Aquí tamén se reuniron Gayoso e Seoane.

O día 20/08/1951 houbo unha inspección na súa casa na que descubriron o refuxio baleiro. Ese mesmo día producírase o asalto á casa refuxio da Cruz de Meá.

Detida con 42 compañeiras e compañeiros en 1951.

Xulgada en consello de guerra na Coruña, na causa 156/51, polos “delitos de actividades comunistas de auxilio a bandoleros”. Acusados de colaboración como enlaces e manter os seus domicilios como bases preto de Ferrol, que os fuxidos e bandoleiros empregaban para albergues e aprovisionamento; construían soterrados e covas que servían de refuxio camuflado; tamén os acusaron de repartir propaganda subversiva do PCE, organizar células e folgas (segundo o que consta no auto).

Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; tamén condenaron a prisión a Antonio Ares Abelleira e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seaone, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.

Con posterioridade exiliouse en Francia, cunha filla, para reunirse co seu home.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha