← Volver atrás

Ríos Seoane, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre, 21 anos. Veciño da rúa dos Basquiños, en Santiago de Compostela. Irmán de Luis Ríos Seoane, tamén encarcerado.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 17/08/1936 polo delito de rebelión, na causa 431/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Acusado de “dar vivas a Rusia y levantar ostensiblemente el puño izquierdo en posición cerrada”.

Neste consello de guerra condenaron a cadea perpetua a: Manuel Ríos Seoane e José Silva Sánchez; penas de 15 anos para: Luis Ríos Seoane e Isolino Vilariño Garabal, panadeiro; ditaron auto de sobresemento para Enrique Vázquez Otero e de absolución para Salvador Chorén Fandiño.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña, na causa 156/51, por “delitos de actividades comunistas de auxilio a bandoleros”. Acusados de colaboración como enlaces e manter os seus domicilios como bases preto de Ferrol, que os fuxidos e bandoleiros empregaban para albergues e aprovisionamento; construían soterrados e covas que servían de refuxio camuflado; tamén os acusaron de repartir propaganda subversiva do PCE, organizar células e folgas (segundo o que consta no auto).

Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; condenaron a prisión a Antonio Ares Abelleira e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seoane, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha