Nacemento:
Morte:
Tiña 11 anos. Casada con Juan Vázquez Loureda, Juan Anido, tamén encarcerado; tiveron un fillo e unha filla: Juan e Dolores. Veciños da Cruz de Meá, San Vicente de Meá, Mugardos.
Militante do PCE.
Encarcerada.
No ano 1949 ela e o seu home eran enlaces da guerrilla antifranquista, proporcionando comida, descanso e apoio loxístico. Carmen tamén se adicaba ao reparto de propaganda antifranquista, sobre todo na saída dos cines.
Detida no ano 1950 por acubillar a Francisco Martínez Leira, Pancho, e a outro guerrilleiro. Pancho construíra na casa de Carmen un refuxio guerrilleiro na corte.
Xulgada en consello de guerra na Coruña o día 18/03/1952 con outros 42 enlaces por formar parte de partidas armadas, na causa 156/51, co resultado de exculpación.
Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; tamén condenaron a prisión a Antonio Ares Abelleira e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seoane, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.
Aínda así, botou preto de nove meses presa anos nas cadeas de Ferrol e da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.