← Volver atrás

Couceiro Taboada, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor. Axustizado

Nacemento:

Santa Mariña de Ribela, A Estrada
(Pontevedra)

Morte:

Soutelo de Montes, Forcarei
(Pontevedra)
- 08/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre. Casado con María Constenla Fariña. Veciños de Soutelo de Montes, Santa María Madanela de Montes, Forcarei (Pontevedra). Mestre nacional de Soutelo de Montes.

Xefe da Falanxe e sub-cabo do Somatén (corpo para-policial) de Soutelo de Montes.

Represor. Axustizado.

Acusado pola guerrilla antifranquista de requisar gando e froitos aos labregos e de ser un posible asasino.

Pasado polas armas en Soutelo de Montes, coa súa dona, polos guerrilleiros da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba Benigno Andrade García, Foucellas. Entre eles contábanse: José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Antonio López Jaspe, Manuel Bastida Franco e José Blanco Núñez, Ferreirín.

No seu procesamento, Foucellas indicou que as mortes foran obra de Ferreirín, cando fuxían do acoso das forzas represivas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha