Nacemento:
Morte:
Veciño de Bergondo.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Era soldado nun batallón do Ministerio da Mariña en Madrid cando, durante un permiso no seu pobo natal, desertou do exército franquista no ano 1947 por inspiración de parentes e veciños de Bergondo e integrouse na guerrilla antifranquista.
Responsable dun dos grupos do Destacamento Eive-Carbón, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), tamén chamada Agrupación Pasionaria, que dirixía Manuel Ponte Pedreira, Xastre, e Manuel del Río Botana. Actuaban nas zonas de Fene, Cabanas e Mugardos, na provincia da Coruña.
Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.
Esta IV Agrupación integrábana catro unidades e un cento de homes: o Destacamento Eive-Carbón, dirixido por López Jaspe; o Destacamento Arturo Cortizas, ás ordes de Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche; o Destacamento Enrique Líster, que comandaba Jesús Valeiro Gómez e o Destacamento Manolito Bello, baixo a dirección de José-María Castelo Mosquera, Doctor. O Eive-Carbón operaba no triángulo Viveiro-Ortigueira-Mugardos e tamén sería o responsable de media ducia de accións e atracos na comarca de Arzúa (A Coruña).
Tempo andado nomeárono comisario político da V Agrupación, que dirixía Foucellas.
López Jaspe finou o 31 de outubro de 1947 nun enfrontamento coa Policía Armada nas rúas da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.