← Volver atrás

Felpeto Gómez, José

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santa Eulalia de Merille, Ourol
(Lugo)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vila da Igrexa, Cerdido
(A Coruña)
- 16/04/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 19 anos. Solteiro. Veciño de Merille.

Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.

Ingresado no depósito de Viveiro (Lugo) o día 28/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 16/01/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 801/36, co resultado de sentenza á pena de morte (conmutada pola de cadea perpetua). Neste proceso xulgaron a varios veciños de Láncara, Muras, Ourol e Viveiro, todos na provincia de Lugo.

A correspondente sentenza ditou pena de morte para: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), José Felpeto Gómez (conmutada pola de cadea perpetua) e Antonio Lafuente Jiménez. A cadea perpetua castigaron a: Antonio Baamonde Carreiras, Luis-Enrique Baamonde Peón, Antonio-María Carreiras Pita, Jesús Fernández Fernández, Jesús Guzmán Carreiras, José-María Pérez Rego, José Prado Palo e Francisco Vidal Baamonde. Cadea de 12 anos e un día para :Francisco Cora García e Alejandro Temblás Paz. Tamén condenaron a prisión a Modesto Riguera Díaz. O auto declarou fuxido a José Temblás Paz.

Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937.

Cando saíu en liberdade botouse ao monte e foi membro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Logo pasou ao Destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do EGG.

Por este destacamento pasaron: Amador Barcia Fernández, Xicos; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José-Antonio Castro López, Tucho; Perfecto Castro Martínez, Tereso; José Felpeto Gómez; José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Segundo Vilaboy Martínez e José Vilariño Fernández, Arturo, Pepón, Pepiño.

Formou parte do grupo que acompañou a Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, Soutiño, en abril de 1949 á provincia de Ourense para reorganizar a guerrilla nas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo; nesta viaxe acompañábao tamén José Vilariño Fernández, Arturo.

Morreu o día 16/04/1949 nun enfrontamento coa Garda Civil cando regresaban ás súas bases, preto de Vila da Igrexa, xunto con estes outros membros do Destacamento Eive-Carbón: José Vilariño Fernández, Arturo; Perfecto Castro Martínez, Tereso, e un enlace. Neste combate morreu tamén o garda civil Ramón Pérez Casas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.