← Volver atrás

Baamonde Carreiras, Antonio

Alcume: Antoñito
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Muras
(Lugo)
- 17/10/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
(Lugo)

Biografía

Labrego, 25 anos. Casou con Pura Penabad Gato. Veciño de Muras.

Secretario da Agrupación Socialista (AS) de Muras no ano 1933. Membro da UXT.

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Viveiro (Lugo) o día 19/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 16/01/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 801/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Láncara, Muras, Ourol e Viveiro, todos na provincia de Lugo.

A correspondente sentenza ditou pena de morte para: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), José Felpeto Gómez (conmutada pola de cadea perpetua) e Antonio Lafuente Jiménez. A cadea perpetua castigaron a: Antonio Baamonde Carreiras, Luis-Enrique Baamonde Peón, Antonio-María Carreiras Pita, Jesús Fernández Fernández, Jesús Guzmán Carreiras, José-María Pérez Rego, José Prado Palo e Francisco Vidal Baamonde. Cadea de 12 anos e un día para Francisco Cora García e Alejandro Temblás Paz. Tamén condenaron a prisión a Modesto Riguera Díaz. O auto declarou fuxido a José Temblás Paz.

Tamén o procesaron por rebelión e auxilio á rebelión na causa 906/36 e na causa 907/36.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, concédenlle a liberdade condicional o 30/12/1940.

Xulgárono en Lugo por relación con bandoleiros na causa 39/50.

Segundo fontes familiares finou na Prisión Provincial de Lugo; semella que perdera a cabeza por mor das malleiras que lle deron na prisión. Tamén manteñen como primeiro apelido o de Bahamonde.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha