Nacemento:
Morte:
Carpinteiro e político, 27 anos. Veciño de Merille. Irmán de José Temblás Paz, Temblás, morto en enfrontamento.
Militante do PSOE e da UXT. Presidente da Agrupación Socialista Obreira e Campesiña de Merille no ano 1936. Presidente da Casa do Pobo.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois do triunfo da sublevación militar ocultouse no monte.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 16/01/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 801/36, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea segundo resolución do día 21/01/1937. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Láncara, Muras, Ourol e Viveiro, todos na provincia de Lugo.
A correspondente sentenza ditou pena de morte para: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), José Felpeto Gómez (conmutada pola de cadea perpetua) e Antonio Lafuente Jiménez. A cadea perpetua castigaron a: Antonio Baamonde Carreiras, Luis-Enrique Baamonde Peón, Antonio-María Carreiras Pita, Jesús Fernández Fernández, Jesús Guzmán Carreiras, José-María Pérez Rego, José Prado Palo e Francisco Vidal Baamonde. Cadea de 12 anos e un día para Francisco Cora García e Alejandro Temblás Paz. Tamén condenaron a prisión a Modesto Riguera Díaz. O auto declarou fuxido a José Temblás Paz.
Formou parte dunha partida de fuxidos. A súa persecución e asasinato comezou no lugar do Candedo o día 16/04/1938.
Cando o viron entrar na casa das irmáns María-Josefa Casabella Fernández e Felicitas Casabella Fernández, que lle prestaban axuda, delatárono á Garda Civil. Falanxistas e gardas civís rodearon a casa. Despois dun intercambio de disparos, Alejandro saltou por unha fiestra e feriuse nunha perna ao caer sobre unha grade; empregou un vimbio para frear a hemorraxia. Aínda así escapou polo monte ata Santa María de Xerdiz, Ourol, a uns dez quilómetros e contou coa axuda dalgunhas persoas.
Localizado, asasinárono en Balteiro dous ou tres días despois destes feitos. Semella, segundo as testemuñas, que a súa cabeza a valoraran en 100.000 pesetas.
María-Josefa Casabella Fernández, Felicitas Casabella Fernández e a filla desta, Encarnación Casabella Fernández, finaron asasinadas na acción, a sangue fría, na porta da súa casa; queimáronlles a vivenda, matáronlles o gando e cearon nunha taberna próxima os cabritos que lles confiscaron.
Un destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) levou o seu nome.
Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.