Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 31 anos. Veciño da Coruña.
Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI) e do Sindicato do Transporte da Coruña, da CNT.
Durante a II República tivo unha intervención destacada nos conflitos portuarios dos barcos Colón e Habana.
Executado.
Arrestárono en febreiro de 1937 por mercar gasolina para a tentativa de fuxida da motora Sisargas.
A varias persoas veciñas da Coruña detivéronas na operación contra a organización clandestina, que pretendía salvarlle a vida ao deputado socialista Luis Rufilanchas Salcedo e pasalo á zona republicana ao Principado de Asturias.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 17/05/1937 polo delito de rebelión militar e auxilio á rebelión, na causa 291/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Os xuíces militares condenaron á pena de morte a: Argimiro Aradas Leiro, Manuel Fernández López, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Ramón Lea García, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, José Méndez Serantes, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, Domingo Rey Lago, Manuel Rúa Losada, Genaro Ruano Sanjurjo, Luis Rufilanchas Salcedo, Nicolás Veiga Núñez e Emilio Zufia Moreno; penas de cadea perpetua para: Manuel Martínez Piñó e José Santiago Temprano; 20 anos de cadea para: Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente; tamén condenaron a prisión a: Conrado Naya Rodríguez e Juan Sánchez Serantes; o tribunal absolveu a Luis Duro de la Iglesia e José Lombardía Bargos
Conmutáronlles a pena de morte pola de cadea perpetua a: Ramón Lea García, José Méndez Serantes e Emilio Zufia Moreno.
Fusilárono os franquistas ás 05:00 h no Campo da Rata da Coruña.
Soterrárono o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julio Acevedo Veiga, Argimiro Aradas Leiro, Fernando Caamaño Pérez, Alicia Dorado Viso, Manuel Fernández López, Antonio Fournerakis, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, María Otero González, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Luis Rufilanchas Salcedo, Genaro Ruano Sanjurjo, José Valeiro Caramés e Nicolás Veiga Núñez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.