← Volver atrás

Caamaño Pérez, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Vendedor de xornais, 21 anos. Veciño da Coruña.

Militante da CNT.

Morte en enfrontamento.

Despois do alzamento militar permaneceu agochado.

Morre nos sucesos que se desenvolveron para acabar coa reorganización da Federación Anarquista Ibérica (FAI) da Coruña, na coñecida como “Caída das Atochas”.

Morte rexistrada a mans da Garda Civil, ás 02:00 h, na casa de María Otero González, no número 55-1º da rúa Atocha Alta, na Coruña, xunto coa dona da casa e dous homes máis e onde se refuxiaban libertarios coruñeses.

Despois da detención o día 09/07/1937 do concelleiro de Esquerda Republicana (ER), Eduardo González-Moro Cervigón, sobre as 00:30 h do día 10 entraron no piso delatado e produciuse un tiroteo co resultado, nun primeiro momento, dun morto e dous gardas civís feridos. Continuou a refrega noutra habitación do piso, onde morreron dous homes e unha muller, outro rematou con feridas e un máis detido. Incautáronse varias pistolas e unha bomba de man.

Na redada participaron forzas da Garda Civil, Infantería, Intendencia, Corpo de Vixilancia e milicias de Falanxe. O operativo rematou sobre as 03:00 h; os mortos serían: María Otero González; Jesús Rodríguez, Chucho; Fernando Caamaño Pérez e Carlos Míguel Pérez, Moreno. Detiveron nesta acción o secretario da FAI, José González González e o seu irmán Rogelio González González, que resultou, a máis, ferido.

Morte inscrita no Rexistro Civil por mor de disparos de arma de fogo.

Soterrárono o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julio Acevedo Veiga, Argimiro Aradas Leiro, Alicia Dorado Viso, Manuel Fernández López, Antonio Fournerakis, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, María Otero González, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Luis Rufilanchas Salcedo, Genaro Ruano Sanjurjo, José Valeiro Caramés e Nicolás Veiga Núñez.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.