← Volver atrás

Otero González, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Allariz
(Ourense)
- 01/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Traballo na casa, 55 anos. Veciña da Coruña. Viúva dun fusilado polos sublevados.

Militante anarquista.

Morte en enfrontamento.

María era enlace do xefe anarquista Antonio Fournerakis, el Viejo. Mantiña unha casa de acollida de militantes anarquistas no seu domicilio. Na súa casa acubillouse Elisa Vázquez Rozas (logo encarcerada), irmá do anarquista José Vázquez Rozas.

Asasinada como consecuencia dos sucesos coñecidos como a “Caída das Atochas” (na Coruña), que se relacionaban cos intentos de reorganización da Federación Anarquista Ibérica (FAI) na cidade herculina.

Morreu con outros tres simpatizantes anarquistas nun rexistro no seu domicilio na rúa Atocha Alta, 55-1º e na rúa Travesía de Atocha, 50, na Coruña, arredor das 02:00 h.

Despois da detención o día 09/07/1937 do concelleiro de ER, Eduardo González-Moro Cervigón, sobre as 00:30 h do seguinte día 10 entraron no piso delatado e produciuse un tiroteo co resultado dun morto e dous gardas civís feridos. Continuou a refrega noutra habitación do piso, onde morren dous homes e unha muller, a outro ferírono e a un máis prendérono. Incautáronse de varias pistolas e dunha bomba de man. Na redada participaron forzas da Garda Civil, Infantería, Intendencia, Corpo de Vixilancia e milicias de Falanxe.

O operativo represor rematou sobre as 03:00 h; asasinaran a: María Otero González; Jesús Rodríguez, Chucho; Fernando Caamaño Pérez e Carlos Míguel Pérez, Moreno. Arrestaron nesta acción ao secretario da FAI, José González González e ao seu irmán Rogelio González González, que resultou, a máis, ferido.

Morte rexistrada na Coruña a causa de feridas producidas por disparos de arma de fogo efectuados pola Garda Civil.

Soterrárona o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julio Acevedo Veiga, Argimiro Aradas Leiro, Fernando Caamaño Pérez, Alicia Dorado Viso, Manuel Fernández López, Antonio Fournerakis, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Luis Rufilanchas Salcedo, Genaro Ruano Sanjurjo, José Valeiro Caramés e Nicolás Veiga Núñez.

Xulgada en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.