← Volver atrás

Dorado Viso, Alicia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Morte en enfrontamento

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreira e panadeira, 24 anos. Amante do anarquista portugués Julio Acevedo Veiga, membro da Federación de Anarquistas Portugueses Exiliados e da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Viúva dun paseado polos sublevados. Veciña da rúa do Carmen, 6, faiado, na Coruña, onde vivía de alugamento. Traballaba na industria téxtil.

Militante da CNT e da Federación Anarquista Ibérica (FAI).

Depurada. Morte en enfrontamento.

A Alicia despedírana da fábrica de tecidos La Primera Coruñesa despois do golpe de Estado, igual que á súa cuñada Marina Rey Sánchez pola súa actividade revolucionaria e por ser enlaces da FAI; logo traballou de panadeira. Desde a morte do seu home, paseado polos franquistas, a súa cuñada Marina non se levaba con ela por entender que non lle gardara o loito debido ao irmán de Marina.

A súa casa funcionaba como refuxio e serviu de lugar de encontro entre Antonio Fournerakis e a súa compañeira Pilar Suárez Marantes, bordadora. As subministracións de peixe, froita e verduras facíallos Josefa Calvo Cortés.

Ao seu domicilio denunciouno como casa de acollida José González González, secretario da FAI, a quen arrestaran ese mesmo día na rúa Atocha Alta, 55-1º, na coñecida como “Caída das Atochas”.

Morre sobre as 21:00 h, por disparos de armas de fogo, ao asaltar os falanxistas o seu domicilio por considerala enlace entre militantes anarquistas fuxidos. Considerada enlace de Julio Acevedo Veiga e de Antonio Fournerakis, el Viejo, aos que tiña agochados na súa casa e que finaron no mesmo asalto do seu domicilio na tarde do 10 de xullo.

Morreu nas accións militares do día da “Caída das Atochas”, no ataque das forzas represoras a casa onde se acubillaba, na rúa do Carmen. Con ela morreron nesta operación José Valeiro Caramés, Julio Acevedo Veiga e Antonio Fournerakis. A Acevedo asasinárono polas costas canto tentaba fuxir.

Soterrárona o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julio Acevedo Veiga, Argimiro Aradas Leiro, Fernando Caamaño Pérez, Manuel Fernández López, Antonio Fournerakis, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, María Otero González, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Luis Rufilanchas Salcedo, Genaro Ruano Sanjurjo, José Valeiro Caramés e Nicolás Veiga Núñez.

Xulgada en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.