← Volver atrás

Palacios, Alejandro-Basilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 18/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 40 anos. Casado en 1919 con María Seijas Sánchez, encarcerada; tiveron seis fillos. Veciños da rúa Fonte de San Andrés, 24-3º, na Coruña. Traballaba na Panadería Canalejo (logo falanxistas) na rúa do Socorro e pouco antes do alzamento, na de Mariano de Paz Macho, na rúa dos Olmos. Tamén xestionaba coa súa dona unha fonda no seu domicilio, onde se hospedaban varios militantes libertarios, entre eles contábase Antonio Fournerakis, quen pasou dez meses nesta fonda.

Militante da CNT desde 1921 e da Federación Local Obreira (FLO) da Coruña. Socio e vogal do Centro de Estudos Sociais Germinal. Dirixente do Sindicato de Panadeiros da Coruña do que foi secretario, vicepresidente e contador. Socio do ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva.

Administrador do xornal anarcosindicalista Solidaridad Obrera.

Paseado.

Despois do alzamento unha das irmás Canalejo ofreceulle a súa casa para protexerse, pero el mantiña que nada fixera e que nada lle ía pasar.

Detido polos franquistas, despois da coñecida como “Caída das Atochas”, o día 15/07/1937 na súa fonda da rúa Santa Catalina, 30-4º, na Coruña, onde tiñan acollido a José Torres Regueira, tamén da CNT e a quen fusilaron o día 16/07/1936. Conducíronos ao cuartel da Garda Civil, onde os interrogaron e torturaron.

Entre as “valerosas” accións do garda civil Pedro Pellicer Nicolás sinalar a cometida ás 02:00 h do día 16/07/1937 cando, co garda civil Vicente Peralta López, lle aplicaron a Lei de Fugas, no Matadoiro, na Coruña, a Alejandro-Basilio Palacios. O informe policial, coma sempre, indicaba que o preso tentara fuxir no traxecto do traslado desde o cuartel da Garda Civil á Prisión Provincial da Coruña.

Morte rexistrada ás 02:15 h na canteira do Matadoiro da Coruña, ao pé do secadoiro dos Mariño, por mor dunha hemorraxia producida por disparos de arma de fogo. Os fascistas déronlle o paseo na canteira do Matadoiro, na cidade herculina.

O seu cadáver apareceu na Coruña.

Soterrárono o día 19 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Torres Regueira (1).

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

(1) No rexistro do cemiterio aparece como José Torres Regueiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.