Nacemento:
Morte:
Garda civil. Veciño da Coruña. Número da Garda Civil con destino na Coruña.
Represor.
Ao brigada Manuel Santos Otero encargárono da vixilancia e depuración da cidade da Coruña e de case que toda a provincia. Para tan sinistro cometido, na Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil, contou coas significadas colaboracións do xa sarxento Ángel Fernández Garea e os números da Garda Civil Vicente Peralta López, Pedro Pellicer Nicolás, Juan García Oviedo, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro e Bárbaro Ortega Rodríguez. Todos eles se adicaron á represión e á liquidación de anarquistas, entre outras tristes funcións.
O día 01/07/1937 a brigada de Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña, a: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o dos demais implicados.
Entre as accións de Peralta sinalar a cometida ás 02:00 h do día 16/07/1937, cando co garda civil Pedro Pellicer Nicolás, aplicaron a Lei de Fugas, no Matadoiro, a Alejandro-Basilio Palacios. O informe policial, coma sempre, indicaba que o preso tentara fuxir cando era trasladado desde o cuartel da Garda Civil, onde o interrogaran, á Prisión Provincial da Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.