← Volver atrás

Carrión Castilla, Lino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Valladolid
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fundidor e sindicalista, 22 anos. Casado. Veciño da Coruña. Irmán de Margarita Carrión Castilla, encarcerada. Traballo como fundidor nun taller de reparación de barcos en Catro Camiños, na Coruña.

Pertenceu ao Sindicato de Metalúrxicos, da CNT.

Executado.

Desertou do Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica, agochouse nunha dobre parede no seu domicilio e andou á procura dun barco para acadar a zona republicana.

Deu acubillo no seu domicilio do Birloque, na Coruña, a Luis Costa García, Juan García Durán, o Fugas, con quen se involucrou no intento de Fuga do Portiño do día 03/03/1937 e da que puideron fuxir os dous da redada da Garda Civil.

Prendérono o día 01/07/1937 noutra tentativa de fuga en barco, esta vez por unha delación, con Luis Costa e Secundino Rodríguez Eiras, implicados neste intento de evasión marítima. Nese día a brigada da Garda Civil que mandaba Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña, a: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o nome dos demais implicados.

A fuga pretendíase levar a cabo co Fragio 1 e co Fragio 2.

Internárono na Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra no Cuartel de Atocha da Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1390/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 09/10/1937. O fiscal foi Manuel-María Puga Ramón.

Condenaron á pena de morte a: Lino Carrión Castilla, Luis Costa García e Secundino Rodríguez Eiras.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Coruña.

Soterrárono o día 7 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Luis Ardao López, Alfonso Castrillo López, José Feito García, José Gómez Roibal, José Longueira Bermúdez, Aquilino Parapar Franco e Andrés Pérez Adega.

No rexistro do cemiterio aparece como Luis Carrión Castrillo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.