Nacemento:
Morte:
Fogueiro e sindicalista, 30 anos. Casado. Veciño da Coruña. Irmán de José-María Rodríguez Eiras e de Ramón Rodríguez Eiras, tamén encarcerados. Desde febreiro de 1936 traballaba en barcos de pesca, en parellas de arrastre do armador Mardomingo, na Coruña.
Militante da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Carril. Cadro de El Despertar Marítimo na Coruña.
Fuxido. Encarcerado.
Escondeuse nos montes de Vilagarcía de Arousa despois do alzamento.
Prendido o día 01/07/1937 nunha tentativa de fuga en barco, esta vez por unha delación. Nese día a brigada de Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña, a: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o dos demais implicados.
A fuga pretendíase levar a cabo co Fragio 1 e co Fragio 2.
Xulgado no Cuartel de Atocha da Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1390/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 09/10/1937. O fiscal foi Manuel-María Puga Ramón.
Condenaron á pena de morte a: Lino Carrión Castilla, Luis Costa García e Secundino Rodríguez Eiras.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.
Puxérono en liberdade condicional no ano 1938 e arrestárono, de novo, no ano 1942.
Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela (A Coruña), deixárono en liberdade condicional provisoria o día 26/07/1943, que se publicou no BOE nº 235 do 23/08/1943.
Integrouse na CNT clandestina de Vilagarcía de Arousa e prendérono en 1947 co seu irmán José-María.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) en 1948 e condenado a tres anos de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.