Nacemento:
Morte:
Garda civil, 37 anos. Casou con Juana Prieto Fariña. Veciños da Coruña). Sarxento da Benemérita. En 1924 era cabo da Garda Civil en Santa María de Guísamo, Bergondo (A Coruña).
Participou na tentativa rebelde, que dirixiu José Rañal Lorenzo, da noite do 18 ao 19 de abril de 1936 na Coruña e que pretendía acabar coa vida do gobernador civil Francisco Pérez Carballo.
Represor.
O tenente da Garda Civil Ángel Ramos Patiño, xefe da liña da Coruña dirixiu o operativo para a captura das persoas de esquerdas que, o día 03/03/1937, tentaban escapar na coñecida como Fuga do Portiño, que organizara El Despertar Marítimo; detiveron a 27 persoas.
Neste operativo tamén se viron implicados nos operativos de mando o sarxento do mesmo corpo Manuel Santos Otero, comandante de posto, e o cabo Ángel Fernández Garea. Participaron tamén militares da Batería do Monte San Pedro, que comandaba o capitán Carlos Parallé de Vicente.
Ascendido a brigada en maio de 1937, polos seus “polos importantes servizos especiais”, desenvolveu a xefatura da sinistra Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil na Coruña, coa que se encargou da vixilancia e depuración da cidade da Coruña e de case que toda a provincia; converteuse nun verdadeiro subdelegado de Orde Pública, debaixo do delegado Florencio González Vallés.
Para tan sinistro cometido, nesta brigada da Garda Civil, contou coas significadas colaboracións do xa sarxento Ángel Fernández Garea e os números da Garda Civil Vicente Peralta López, Pedro Pellicer Nicolás, Juan García Oviedo, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro e Bárbaro Ortega Rodríguez. Todos eles se adicaron á represión e á liquidación de anarquistas, entre outras tristes funcións.
O día 01/07/1937 a brigada de Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña, a: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o dos demais implicados.
Tamén emitiu o informe da “Caída das Atochas”, cando xa era o xefe destes servizos especiais; operación que dirixiu o sarxento Ángel Fernández Garea na casa da rúa Atocha Alta, 55, na Coruña, e na que morreron catro membros da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
En agosto de 1946 era capitán da Garda Civil no Ministerio da Gobernación en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.