← Volver atrás

Pellicer Nicolás, Pedro

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil. Veciño da Coruña. Pasou varios anos con destino no cuartel da Garda Civil en Corcubión (A Coruña). Número da Garda Civil con destino na Brigada de Servizos Especiais da Comandancia da Coruña.

Represor.

Funcionario público identificado con mortes, arbitrariedades, extorsión e abusos.

Ao brigada Manuel Santos Otero encargárono da vixilancia e depuración da cidade da Coruña e de case que toda a provincia. Para tan sinistro cometido, na Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil, contou coas significadas colaboracións do xa sarxento Ángel Fernández Garea e os números da Garda Civil Vicente Peralta López, Pedro Pellicer Nicolás, Juan García Oviedo, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro e Bárbaro Ortega Rodríguez. Todos eles se adicaron á represión e á liquidación de anarquistas, entre outras tristes funcións.

En marzo de 1937 gratificárono con 150 pesetas polos servizos especiais que prestara.

O día 12/07/1937, co seu compañeiro Domingo Rico, encargábanse da custodia cara A Coruña do detido e xoieiro de Santiago de Compostela José Paz Sanmartín; segundo as declaracións dos seus condutores Paz Sanmartín tirouse do coche no quilómetro 51 da estrada Santiago de Compostela-A Coruña en pantuflas, en San Vicente de Marantes, e os axentes tiveron que abrir fogo para deter ao fuxido; esta foi a “peregrina” xustificación do seu pasamento segundo os axentes.

Entre as accións do garda Pellicer sinalar a cometida ás 02:00 h do día 16/07/1937, cando co garda civil Vicente Peralta López, aplicaron a Lei de Fugas, no Matadoiro, na Coruña, a Alejandro-Basilio Palacios. O informe policial, coma sempre, indicaba que o preso tentara fuxir cando era trasladado desde o cuartel da Garda Civil, onde o interrogaran, á Prisión Provincial da Coruña.

A mesma noite, ás 04:00 h do día 16/07/1937, co garda civil Luis Expósito Castaño, volveron aplicar a Lei de Fugas, preto do cárcere, a José Torres Regueira. O informe policial volveu indicar que o preso tentara fuxir cando era trasladado desde o cuartel da Garda Civil, onde o interrogaran, á Prisión Provincial da Coruña.

En maio de 1946 era garda segundo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.