← Volver atrás

Seijo Carneiro, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 25/06/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Garda civil, 32 anos. Veciño da Coruña. Número da Garda Civil con destino, en decembro de 1935, na Comandancia da Coruña.

Represor.

Ao brigada Manuel Santos Otero encargárono da vixilancia e depuración da cidade da Coruña e en case que toda a provincia. Para tan sinistro cometido, na Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil, contou coas significadas colaboracións do xa sarxento Ángel Fernández Garea e os números da Garda Civil Vicente Peralta López, Pedro Pellicer Nicolás, Juan García Oviedo, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro e Bárbaro Ortega Rodríguez. Todos eles se adicaron á represión e á liquidación de anarquistas, entre outras tristes funcións.

En marzo de 1937 gratificárono con 150 pesetas polos seus servizos.

O día 01/07/1937 a brigada de Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña, a: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o dos demais implicados.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha