Nacemento:
Morte:
Garda civil, 26 anos. Veciño da Coruña. Mecánico militar, en outubro de 1934 xa estaba na Garda Civil con destino na Comandancia da Coruña.
Represor.
Ao brigada Manuel Santos Otero encargárono da vixilancia e depuración da cidade da Coruña e de case que toda a provincia. Para tan sinistro cometido, na Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil, contou coas significadas colaboracións do xa sarxento Ángel Fernández Garea e dos números da Garda Civil Vicente Peralta López, Pedro Pellicer Nicolás, Juan García Oviedo, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro e Bárbaro Ortega Rodríguez. Todos eles se adicaron á represión e á liquidación de anarquistas, entre outras tristes funcións.
En marzo de 1937 gratificárono con 150 pesetas polos seus servizos.
O día 01/07/1937 a brigada de Manuel Santos Otero prendeu na rúa Santander, 17 baixo, na Coruña: Juan López Gutiérrez, Margarita Carrión Castilla, Lino Carrión Castilla, Secundino Rodríguez Eiras e Luis Costa García. No operativo participaron Santos Otero, Ángel Fernández Garea, Vicente Peralta López, Luis Expósito Castaño, José Seijo Carneiro, Juan García Oviedo e Tomás Rodríguez Luengo. Acusábanos dun intento de fuxida en barco e aos arrestados torturáronos para que indicaran o nome do barco que os ía sacar da Coruña e o nome dos demais implicados.
Entre as accións do garda Luis Expósito sinalar a cometida ás 04:00 h do día 16/07/1937, cando co garda civil Pedro Nicolás Pellicer, aplicaron a Lei de Fugas, preto da Prisión Provincial da Coruña, a José Torres Regueira. O informe policial, coma sempre, indicaba que o preso tentara fuxir cando era trasladado desde o cuartel da Garda Civil, onde o interrogaran, á Prisión Provincial da Coruña.
No ano 1947 ascendérono a sarxento e, en 1954, a brigada.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.