Nacemento:
Morte:
Empregado, 44 anos. Veciño da Coruña. Pai de Antonio Torres López, tamén sospeitoso de estar implicado no intento de Fuga do Portiño. Traballador da Compañía Telefónica.
Despedírono da Compañía Telefónica no ano 1931 polo súa participación na folga contra a dita empresa.
Militante da CNT e conserxe nos locais deste sindicato na Coruña.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe dos militares José participou na defensa da legalidade republicana no barrio de Monelos, na Coruña. Despois agochouse nos montes de San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña) e nalgunha vivenda da Coruña.
Sospeitoso para as forzas policiais de estar implicado na tentativa de Fuga do Portiño.
Ocultouse no monte e, logo, acubillouse na casa da súa compañeira Consuelo Meitín Rodríguez, tamén da CNT e da Federación Anarquista Ibérica (FAI), a quen condenaron a 12 anos e un día de prisión. Tiñan varios fillos. Tamén se refuxiou no domicilio de Lucio González Sampedro, ao que tamén condenaron a 12 anos.
A José capturárono na fonda da familia Palacios Seijas na Praza de Santa Catalina, 30-4º, na Coruña, o día 15/07/1937, nas operacións policiais que seguiron á “Caída das Atochas”; era a casa do panadeiro anarquista Alejandro-Basilio Palacios e da súa compañeira María Seijas Sánchez. Levárono con Alejandro-Basilio ao cuartel ao cuartel da Garda Civil; interrogáronos e torturáronos; trasladáronos á Prisión Provincial da Coruña, á que nunca chegaron.
Tamén estivera agochado na casa dunha tal Paca, na dunha prostituta chamada Alejandra e pasou unha noite na casa de Teresa Lamas Conchado.
Entre as accións do garda civil Pedro Pellicer Nicolás sinalar a cometida, sobre ás 03:00 h do día 16/07/1937, cando co tamén garda civil Luis Expósito Castaño, aplicaron a Lei de Fugas preto do cárcere da Coruña, a José Torres Regueira. O informe policial, coma sempre, indicaba que o preso tentara fuxir cando era trasladado desde o cuartel da Garda Civil á Prisión Provincial da Coruña.
Con el detiveran ese día 15/07/1937 a Alejandro-Basilio Palacios, tamén da CNT, e ao que tivera tamén acollido na súa casa. A Alejandro-Basilio paseárono con el, coa mesma sorte.
Morte rexistrada ás 03:00 h no Campo da Rata, na Coruña, a causa dunha hemorraxia por disparos de arma de fogo. O seu cadáver apareceu na canteira do Matadoiro, na Coruña.
Soterrárono o día 19 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Alejandro-Basilio Palacios.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.