← Volver atrás

Varela Miguélez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 13/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tipógrafo e sindicalista, 25 anos. Veciño da Coruña. Fillo de Aurora Miguélez Pena, enlace da FAI.

Militante da CNT.

Redactor e administrador do xornal anarquista Brazo y Cerebro.

Fuxido. Paseado.

Por mor do golpe militar mantívose agochado e participou nas tarefas de reorganización da Federación Anarquista Ibérica (FAI) da Coruña ata a súa detención por deserción.

Detido en xullo de 1937 a raíz dos sucesos que seguiron á coñecida como “Caída das Atochas”, operación da policía represora do día 10/07/1937 contra a FAI coruñesa.

Morte rexistrada por disparos de arma de fogo, sobre as 03:00 h, que lle produciron unha hemorraxia cerebral, cando se produce a caída da rede clandestina da FAI no barrio das Atochas.

Asasinado no Campo da Rata, na Coruña, con Alejandro Delgado Fernández e José González González, na aplicación da Lei de Fugas nun suposto intento de fuxida.

Soterrárono o día 14 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Alejandro Delgado Fernández, Enrique Fernández Díaz e José González González.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha