Nacemento:
Morte:
Tiña 19 anos. Veciño da Coruña.
Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) e da CNT.
Morte en enfrontamento.
Despois do alzamento sedicioso implicouse na organización clandestina dos anarquistas coruñeses no barrio das Atochas.
A súa morte prodúcese na Coruña ás 02:00 h na vivenda de María Otero González na rúa Atocha Alta, 55-1º, na Coruña, onde se refuxiaba. Morte por disparos de arma de fogo a mans da Garda Civil na operación contra a Federación Anarquista Ibérica (FAI) na Coruña, na operación coñecida como “Caída das Atochas”. Finou coa dona da casa de acollida e dous homes máis.
Morte rexistrada por mor de disparos de arma de fogo.
Despois da detención o día 09/07/1937 do concelleiro de ER, Eduardo González-Moro Cervigón, sobre as 00:30 h do día 10 entraron no piso delatado e produciuse un tiroteo co resultado dun morto e dous gardas civís feridos. Continuou a refrega noutra habitación do piso, onde morren dous homes máis e unha muller, a outro ferírono e a un máis prendérono. Incautáronse de varias pistolas e dunha bomba de man.
Na redada participaron forzas da Garda Civil, de Infantería, de Intendencia, do Corpo de Vixilancia e das milicias de Falanxe. O operativo rematou sobre as 03:00 h; os mortos foron: María Otero González; Jesús Rodríguez, Chucho; Fernando Caamaño Pérez e Carlos Míguel Pérez, Moreno. Prenderon nesta acción o secretario da FAI, José González González e o seu irmán Rogelio González González, quen resultou, a máis, ferido.
Soterrárono no cemiterio da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 992/37.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.