← Volver atrás

Fournerakis, Antonio

Alcume: el Viejo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Sindicalista, anarquista, 39 anos. Expulsado da República Arxentina, pasou por Bolivia e Brasil. Veciño da Coruña desde 1933, despois de que o expulsaran de varios países Latinoamericanos polas súas actividades sindicais.

Militaba na Federación Anarquista Ibérica (FAI), abandonándoa en 1936 por discrepancias. Fundador das Xuventudes Libertarias (XXLL) da Coruña.

Director do semanario anarquista Brazo y Cerebro.

Paseado.

Despois da sublevación militar participou na reorganización da FAI coruñesa na clandestinidade e escondeuse na casa de María Seijas Sánchez en 1936 e na de Aurora Miguélez Pena ata marzo de 1937; despois pasou a agocharse na casa de Alicia Dorado Viso.

Cando tentaba reorganizar os grupos anarquistas da Coruña descubrírono e detivérono en xullo de 1937. Entre outras persoas tiña como enlace a María Otero González, quen tiña unha casa de acollida de fuxidos no seu domicilio da rúa Atocha Alta, 55-1º, na Coruña.

Morte rexistrada na Coruña ás 21:00 h a causa de disparos de arma de fogo.

Morto nas accións do día da “Caída das Atochas” cando a casa onde se acubillaba, na rúa do Carme, 6, na Coruña, asaltárona as forzas represoras. Con el morreron nesta operación Alicia Dorado Viso, Julio Acevedo Veiga e José Valeiro Caramés.

Soterrárono o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julio Acevedo Veiga, Argimiro Aradas Leiro, Fernando Caamaño Pérez, Alicia Dorado Viso, Manuel Fernández López, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, María Otero González, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Genaro Ruano Sanjurjo, Luis Rufilanchas Salcedo, José Valeiro Caramés e Nicolás Veiga Núñez.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.