← Volver atrás

Valeiro Caramés, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 23 anos. Veciño da Coruña. Irmán de Alfonso Valeiro Caramés, encarcerado e morto na cadea; Federico Valeiro Caramés, encarcerado, sancionado e exiliado, e de Manuel Valeiro Caramés, encarcerado.

Afiliado á Sección de Albaneis do Sindicato Único do Ramo da Construción da Coruña, da CNT.

Morte en enfrontamento.

Despois do golpe implicouse na reconstrución clandestina dos grupos anarquistas coruñeses e mantívose agochado no barrio das Atochas da Coruña ata que o descubriron.

Morto nas operacións de castigo e limpeza do día da “Caída das Atochas” cando as forzas represoras asaltaron a casa onde se acubillaba na rúa do Carme, 6, na Coruña.

Con el faleceron nesta operación Alicia Dorado Viso, Julio Acevedo Veiga e Antonio Fournerakis.

Morte rexistrada na Coruña sobre das 21:00 h por mor de disparos de arma de fogo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.

Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.

Soterrárono o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Julio Acevedo Veiga, Argimiro Aradas Leiro, Fernando Caamaño Pérez, Alicia Dorado Viso, Manuel Fernández López, Antonio Fournerakis, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, María Otero González, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Genaro Ruano Sanjurjo, Luis Rufilanchas Salcedo e Nicolás Veiga Núñez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha