Nacemento:
Morte:
Peón, 24 anos. Veciño da Coruña.
Membro da Sección de Peóns do Ramo da Construción.
Morte en enfrontamento.
Morte rexistrada ás 02:00 h na casa de María Otero González, na rúa Atocha Alta, 55-1º, na Coruña e causada pola Garda Civil nos sucesos contra a reorganización da Federación Anarquista Ibérica (FAI) na Coruña, nos sucesos coñecidos como “Caída das Atochas”.
Morte por disparos de arma de fogo ás 02:00 h xunto coa dona da casa e outros dous homes.
Despois da detención o día 09/07/1937 do concelleiro de Esquerda Republicana (ER), Eduardo González-Moro Cervigón, sobre as 00:30 h do día 10 entraron no piso delatado, produciuse un tiroteo co resultado dun morto e dous gardas civís feridos. Continuou a refrega noutra habitación do piso, onde morren dous homes e unha muller, a outro ferírono e a un máis prendérono. Incautáronse de varias pistolas e dunha bomba de man.
Na redada participaron forzas da Garda Civil, de Infantería, de Intendencia, do Corpo de Vixilancia e das milicias de Falanxe. Este operativo rematou sobre as 03:00 h. Os mortos foron: María Otero González; Jesús Rodríguez, Chucho; Fernando Caamaño Pérez e Carlos Míguel Pérez. Arrestaron nesta acción ao secretario da FAI, José González González e ao seu irmán Rogelio González González, ao que, a máis, feriran.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.