← Volver atrás

González-Moro Cervigón, Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 17/03/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 42 anos. Casado con Dolores Pujalte Díaz. Veciños da Coruña. Exerceu a medicina na cidade herculina.

Vogal do Padroado Local de Formación Profesional en xullo de 1936.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), foi concelleiro da Coruña de 1931 a 1934. Integrado en Esquerda Republicana (ER) formou parte da xestora municipal da Coruña en 1936 como concelleiro pola Fronte Popular (FP).

Tiña como compañeiros na Corporación da Coruña de 1936, entre outras persoas, a: Alfredo Suárez Ferrín (alcalde), executado; Juan Wonenburger Varela, procesado; Antonio Zapata Fernández, procesado; Eduardo Blanco Lemus, procesado; Alfredo Somoza Gutiérrez, exiliado; Ramón Lago Portela, procesado; Martín Ferreiro Álvarez, morre no campo de concentración de Gusen (Austria).

Encarcerado.

Eduardo estaba en busca e detívoo o día 09/07/1937 o garda municipal coruñés, Manuel Uzal Montero; a súa detención propiciou a caída das persoas que tentaban reorganizar a Federación Anarquista Ibérica (FAI) na Coruña.

Por mor desta detención as forzas represoras, sobre as 00:30 h do día 10, entraron no piso delatado e produciuse un tiroteo co resultado dun morto e dous gardas civís feridos. Continuou a refrega noutra habitación do piso, onde morren dous homes e unha muller, a outro ferírono e a outro máis detivérono. Incautáronse de varias pistolas e unha bomba de man. Na redada participaron forzas da Garda Civil, de Infantería, de Intendencia, do Corpo de Vixilancia e as milicias de Falanxe.

Este operativo rematou sobre as 03:00 h; os mortos foron: María Otero González; Jesús Rodríguez, Chucho; Fernando Caamaño Pérez e Carlos Míguez Díaz.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 164 do día 13/06/1941.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.