← Volver atrás

Lago Portela, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra

Biografía

Comerciante e político, 51 anos. Casado no ano 1919 con Matilde Insua Sánchez. Veciños da rúa San Nicolás, 44-2º, na Coruña.

Membro das Xuventude Republicana da Coruña en 1910, do Casino Republicano da Coruña e do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Promotor do xornal Adelante que iniciou a súa andadura na Coruña en maio de 1930.

O día 26/03/1930 no Pazo de Hermida, propiedade do anfitrión José Vázquez Batalla, tivo lugar a reunión de 50 republicanos, no coñecido como Pacto de Lestrobe e no que se acordou entre as persoas reunidas na asemblea a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Os asistentes en representación da Coruña foron 18: Gerardo Abad Conde, José Calviño Domínguez, Santiago Casares Quiroga, Joaquín Cotarelo Martínez, Manuel Fernández Fernández, Aurelio Fernández Morales, Ricardo García Lago, Juan González Rodríguez, César Guillán Bozo, Manuel Insua Sánchez, Ramón Lago Portela, Eduardo Paredes Rodríguez, Federico Pérez Lago, Alfredo Somoza Gutiérrez, Arturo Taracido Veira, Antonio Villar Ponte, Julio Wonenburger Canosa e Juan Wonenburger Varela. Por Betanzos 1: Víctor Montoto Arias. Polo Carballiño (Ourense) 1: José del Peso Sevillano. Por Lugo estiveron 2: César López Otero e Rafael de Vega Barrera. De Pontevedra 8: Amancio Caamaño Cimadevila, Víctor Casas Rey, José Echevarría Novoa, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Vicente García Temes, Joaquín Maquieira Fernández, Joaquín Poza Juncal e Avelino Silva Güimil. Por Ourense 4: Luis Fábrega Coello, Santos Fernández Fueyo, Pío Príncipe Gracia de Romero e Jesús Prósper Ros. De Santiago de Compostela 13: Fernando-Luis-Ventura Barros Pumariño, José Caamaño Caamaño, Joaquín García Labella, Rodrigo-Patricio García Rey, Manuel-María González López-Prado, José-Vicente López Chacón, Constante Nogueira Sardiña, Ramiro Prieto Cernadas, Jesús San Luis Romero, Laureano Santiso Girón, Luis Seoane López, Andrés Suárez Rodríguez e Narciso Vidal Fraga. Na representación de Vigo 1: Federico Zamora Mosquera. Por Vilagarcía de Arousa 2: Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso e Luis García-Reboredo Isla.

En 1932 Alfredo Suárez Ferrín era membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), que creara o seu irmán Julio Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Ramón Lago Portela, Emilio Freijido García e os médicos José Búa Carou, José Barbeito Rouco e Aurelio Gutiérrez Moyano, entre outras persoas.

Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), elixírono concelleiro da Coruña en abril de 1931; en 1932 era 7º tenente de alcalde. Destituído despois da revolución de outubro de 1934. Volveu ser elixido concelleiro en 1936 por Esquerda Republicana (ER) e nomeado 3º tenente de alcalde.

Tiña como compañeiros na Corporación da Coruña de 1936 a: Alfredo Suárez Ferrín (alcalde), executado; Eduardo González-Moro Cervigón, encarcerado; Juan Wonenburger Varela, procesado; Eduardo Blanco Lemus, procesado; Alfredo Somoza Gutiérrez, exiliado; Antonio Zapata Fernández, procesado; Martín Ferreiro Álvarez, morre no campo de concentración de Gusen.

Procesado.

Detido polos franquistas.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 213/37, co resultado de sentenza de sobresemento.

Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas no ano 1940 e sancionárono con multa e oito anos de inhabilitación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.