← Volver atrás

Suárez Ferrín, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Coruña

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empresario e construtor. Veciño da rúa Arturo Casares, 31-1º, na Coruña. Propietario da ferretería Suárez Ferrín Hermanos, na rúa Sánchez Bregua, 10, na Coruña, propiedade que compartía co seu irmán Alfredo Suárez Ferrín.

No ano 1922 era tenente de alcalde do concello da Coruña. Na folga de 1932 as organizacións sindicais colocaron tres bombas nas súas propiedades, despois de manter un desafío cos sindicatos. Ao fin tivo que chegar a un acordo de resolución dos conflitos coa CNT.

Julio Suárez, con Gonzalo Acosta Pan, Ramón Lago Portela, Emilio Freijido García e os médicos José Búa Carou, José Barbeito Rouco e Aurelio Gutiérrez Moyano, entre outras persoas, foi un dos fundadores na Coruña do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), despois pasouse a Unión Republicana (UR).

En 1936 era concelleiro da Coruña e chegou a ocupar accidentalmente a alcaldía, na substitución do seu irmán Alfredo. Socio do Casino Republicano e do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Durante as eleccións de febreiro de 1936 e diante das protestas que se producían arredor do procedemento electoral, o ministerio da Gobernación nomeouno Gobernador Civil da Coruña por indicación do Comité Local da Fronte Popular (FP). Algunhas organizacións políticas conservadoras manifestaron as súas protestas e formularon acusacións de fraudes electorais, falsificación de actas,...

Fuxido.

Julio figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.

Permaneceu dez anos agochado dos fascistas, recibindo axuda dos seus compañeiros de traballo de Laboratorios Orzán.

Xulgado en consello de guerra na Coruña, na causa 259/49, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha