Nacemento:
Morte:
Médico, 52 anos. Veciño da rúa Juana de Vega, 13-2º, na Coruña. Presentou a súa tese doutoural no ano 1909 na Universidade Complutense de Madrid.
En 1929 comezou a publicar a revista Galicia Clínica, obra especializada na medicina e na que colaboraron moitos profesionais médicos de dentro e fóra de Galicia; o primeiro número publicouse o día 15/04/1929 e o derradeiro no ano 1996. Galicia Clínica era de distribución gratuita no sector profesional sanitario.
En 1932 Alfredo Suárez Ferrín era membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) na Coruña, que creara o seu irmán Julio Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Ramón Lago Portela, Emilio Freijido García e os médicos José Búa Carou, José Barbeito Rouco e Aurelio Gutiérrez Moyano, entre outras persoas.
Máis tarde Aurelio Gutiérrez afiliouse a Unión Republicana (UR).
No ano 1963 seguía a publicar artigos médicos en Galicia Clínica. Ata 1994 dirixiu esta revista especializada o seu fillo Luis Gutiérrez Moyano.
Segundo algunhas fontes, un fillo do seu mesmo nome e apelidos, tamén médico, emigrou a México, finou nese país no ano 1982 e fora presidente do Colexio Mexicano de Reumatoloxía de 1964 a 1966.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.